Non somos Amazon.
Non almacenamos os produtos, non procesamos compras e non decidimos prezos nin condicións de envío. Cando che interesa algo, o enlace lévate á tenda onde se vende.
O Pendello do Xabaril é unha selección editorial de produtos curiosos, raros, útiles, absurdos ou simplemente difíciles de ignorar.
Non almacenamos os produtos, non procesamos compras e non decidimos prezos nin condicións de envío. Cando che interesa algo, o enlace lévate á tenda onde se vende.
Non queremos un catálogo infinito xerado automaticamente. Entrará o que nos resulte curioso, divertido, útil ou suficientemente raro como para merecer un sitio no pendello.
Os comentarios, bromas e textos da web son contido propio de O Xabaril. Reinaldo non pretende ser un laboratorio de ensaios: cando non probamos fisicamente un produto, non dicimos que o fixemos.
Un produto non queda fóra simplemente por ter poucas valoracións. Buscamos evitar enganos evidentes e descricións falsas, pero a decisión editorial final é nosa.
Reinaldo é a voz do proxecto: un personaxe con demasiados anos ás costas, pouca paciencia para as explicacións longas e unha capacidade preocupante para atopar cousas raras. O Pendello é unha das portas de entrada ao universo de O Xabaril.
Volver a remexer →